Mostrar opciones

NOTICIA

Comeza o xuízo pola fraude dos SWAPS de Caixagalicia o vindeiro venres 15 de maio

Ponte en contacto coas delegacións de Adicae en Galicia para facer unha gran mobilización diante do Xulgado

O xuízo celebrarase ás 10:00h nos xulgados da Coruña (c/Monforte s/n) e poderán entrar todos aqueles que o desexen, ata completar o aforo da sala.

Antes, ás 09:30h, concentrarémonos/concentrarémosnos ás portas do xulgado para denunciar o abuso que sofren miles de familias ás que colocaron este produto "tóxico".

Tal e como vos comunicamos en marzo, finalmente non terán que declarar todos os demandantes e os comerciais que venderon o produto. Iso quere dicir que o procedemento se axiliza e que pronto haberá unha sentenza. É o momento de REIVINDICAR XUSTIZA CON MÁIS FORZA, SE CABE.

Os afectados que queiran acudir ao xuízo poden contactar coas sedes de ADICAE en Galicia:

A Coruña: galicia@adicae.net e 881888177
Santiago de Compostela: santiagodecompostela@adicae.net e 981941397
Vigo: vigo@adicae.net e 986226642

Cantos máis acudamos ás portas dos xulgados ese día moita máis presión faremos. Máis do 70% dos incluídos nesta demanda residen fóra de Galicia, polo que é importante que os que esteamos preto fagamos un esforzo por acudir con familiares e amigos ese día.

VER ARCHIVO DE NOTICIAS

BENEFICIOS PARA SOCIOS

  • Pertenecer a una organización social reivindicativa
  • Defensa colectiva de consumidores y usuarios
  • Información en reclamaciones financieras y de consumo
  • Periódico "La Economía de los Consumidores"
  • Asistencia libre a Jornadas, Conferencias y Talleres
¡¡¡ASÓCIESE AHORA!!! FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

MI ADICAE: AREA DE SOCIOS

Solicite sus claves

RELACIONES INTERNACIONALES