Mostrar opciones

NOTICIA

Proteccion de pagamentos: seguro enganoso para os consumidores

Despedírono e ten problemas para pagar as cotas da súa hipoteca? Existen seguros que "din" cubrir casos como este. Pero, ás veces non é todo tan bonito como parece.

Ao contratar un préstamo hipotecario, as entidades financeiras a miúdo obrigan a subscribir todo tipo de seguros (de vida, de accidentes, de fogar, etc.) sen afondar nas súas condicións, que ademais o consumidor non necesita. A estes engadiuse unha nova modalidade de seguro que reúne varias coberturas como gancho, en principio para garantir o pagamento ao banco das cotas dun préstamo en situacións de perdas de ingresos: incapacidade laboral, desemprego, enfermidade ou falecemento.


Obrigatorio e enriba, con limitacións
Bancos e caixas de aforro inclúeno entre os servizos ofertados, cando non impuestos, cando conceden un préstamo hipotecario ou de consumo, sempre aproveitándose da inseguridade que a crise económica crea nos seus clientes. Non saber como afrontar os pagamentos se mañá me despiden da empresa ou se sufro unha baixa por enfermidade é o que nos pode levar a contratar estes sevicios, e se non negociamos ao máximo as coberturas e as habituais restricións, podemos levarnos unha desagradable sorpresa en caso de ter que botar man deles.
Ademais, case sempre deben subscribirse na mesma entidade, é dicir, non poderemos contratar o préstamo por un lado e o seguro por outro, impedindo elixir a opción que se acomode mellor ás nosas necesidades.


Restricións habituais que deixan ao consumidor desprotexido
Se xa de por si as condicións nas que o consumidor ten dereito a beneficiarse do seguro son desfavorables (despedíronlle ou sufriu un accidente laboral), cobralo non vai ser tan doado como parece. Hai demasiadas limitacións e "peros" á hora de reclamalo:
-Períodos de carencia a partir da súa contratación, é dicir, que se se produce a incapacidade ou o desemprego ao pouco de contratalo o seguro non o cobre.
-Períodos de carencia entre sinistros. As situacións que nos dan dereito a aproveitar o seguro deben estar espazadas; este normalmente cobre 12 meses seguidos ou 24 alternos. Coma se puidésemos decidir cando ter un accidente laboral!
-Algún destes seguros non cobre nin moito menos toda a vida do préstamo senón só a primeira parte, normalmente 5 anos.
-A contía asegurada é limitada, é posible que aínda teñamos que desembolsar parte da débeda mensual.


Interésanos realmente contratalos?
Moitas veces os inconvenientes superan de sobra aos beneficios ao contratar un seguro de protección de pagamentos. Non só non protexen o consumidor, senón que seguen enriquecendo ás entidades a custa de impoñelos, por separado ou xunto a outros seguros, ao usuario. Por exemplo, en Banesto o publicitan  como un "complemento" ao seguro de vida, cando en xeral non supón máis que unha carga económica.
Só en casos moi concretos pode convir contratar este tipo de servizo. Dende ADICAE recomendámoslle que intente premer ao banco para eliminalo, e se non hai máis remedio que subscribilo, negocie a ampliación de continxencias para que lle pague a pena ou propoña un cambio á entidade aseguradora que máis lle conveña.

VER ARCHIVO DE NOTICIAS

BENEFICIOS PARA SOCIOS

  • Pertenecer a una organización social reivindicativa
  • Defensa colectiva de consumidores y usuarios
  • Información en reclamaciones financieras y de consumo
  • Periódico "La Economía de los Consumidores"
  • Asistencia libre a Jornadas, Conferencias y Talleres
¡¡¡ASÓCIESE AHORA!!! FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

MI ADICAE: AREA DE SOCIOS

Solicite sus claves

RELACIONES INTERNACIONALES